miércoles, 13 de marzo de 2013

ARTESANÍA POPULAR


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipserradeoutes/

FIXEMOS CARETAS NO ENTROIDO


FIXEMOS CARETAS           

   Polo Entroido fixemos caretas. Collemos unha careta de plástico que nos serviu de molde. Sobre ela puxemos cachiños de papel de periódico mollados nunha mestura feita de cola de empapelar, cola branca  e auga. Fomos poñendo capas durante varios días, ata conseguir ter unha estrutura consistente. Unha vez feita, deixámola secar ben e despois sacámola do molde. Démoslle unha man de pintura branca, que nos serviu de base. Logo cada un pintou ao seu gusto.

Estes foron os resultados: